A Canteira

80808080
dende
SOBRE CANTERAS FERROLANAS

Extraemos granito para construción

Fai case 70 anos que Canteras Ferrolanas comezou a súa actividade nas mans dun grupo de persoas naturais da cidade naval. Despois, a responsabilidade da empresa foi asumida pola familia dos irmáns Cobelo e, finalmente, Roberto Rodríguez tomou as rendas en 1982.

Os seus fillos Fernando, Roberto e Marianela asumen actualmente a xestión e apoianse no equipo de profesionais que extraen o granito e exportan a calquera lugar do mundo.

Valores consolidados durante preto de sete décadas

Canteras Ferrolanas extraen granito da mellor calidade e maior durabilidade para as construcións da súa clientela. Iso, xunto co profesionalismo do equipo humano, é a clave do éxito.

Nos múltiples proxectos nacionais e internacionais nos que se exportaron áridos e bloques, tívose en conta o compromiso ambiental como algo imprescindible.

Calidade

O granito galego é un dos mellores do mundo debido á súa gran resistencia ao paso do tempo e ás temperaturas extremas. De feito, a nosa industria é a segunda máis importante de Europa.

Sustentabilidade

Manifestamos o noso compromiso coa Axenda da Minería Sostible de Galicia 2030 e temos presente a transición enerxética e a loita contra o cambio climático.

Profesionalidade

Canteras Ferrolanas segue un meticuloso proceso de extracción e tratamento do granito e, sobre todo, axústase aos prazos de entrega acordados.

Experiencia

Traballamos en proxectos tanto a nivel nacional como en Francia, Países Baixos, Rusia e outros países cos que estamos conectados grazas ao Porto Exterior de Ferrol.

O noso compromiso co equipo.

O equipo de Canteras Ferrolanas variou o seu tamaño para realizar máis de catro voladuras que se poden chegar a facer cada mes en épocas de alta demanda de granito. Quen entra na canteira pasa a formar parte da familia porque... cada persoa especial deixa a súa pegada na pedra!

Descobre a nosa canteira

Descobre a nosa canteira