

Extraemos granito para construción
Fai case 70 anos que Canteras Ferrolanas comezou a súa actividade nas mans dun grupo de persoas naturais da cidade naval. Despois, a responsabilidade da empresa foi asumida pola familia dos irmáns Cobelo e, finalmente, Roberto Rodríguez tomou as rendas en 1982.
Os seus fillos Fernando, Roberto e Marianela asumen actualmente a xestión e apoianse no equipo de profesionais que extraen o granito e exportan a calquera lugar do mundo.
Valores consolidados durante preto de sete décadas
Canteras Ferrolanas extraen granito da mellor calidade e maior durabilidade para as construcións da súa clientela. Iso, xunto co profesionalismo do equipo humano, é a clave do éxito.
Nos múltiples proxectos nacionais e internacionais nos que se exportaron áridos e bloques, tívose en conta o compromiso ambiental como algo imprescindible.
Calidade
Sustentabilidade
Profesionalidade
Experiencia
O noso compromiso co equipo.
O equipo de Canteras Ferrolanas variou o seu tamaño para realizar máis de catro voladuras que se poden chegar a facer cada mes en épocas de alta demanda de granito. Quen entra na canteira pasa a formar parte da familia porque... cada persoa especial deixa a súa pegada na pedra!


Descobre a nosa canteira



